Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 29 de maio de 2000 Páx. 8.292

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 124/2000, do 11 de maio, polo que se aproba o escudo heráldico do Concello de Mondariz-Balneario (Pontevedra).

O Concello de Mondariz-Balneario considerou conveniente adoptar unhas armas ou brasón propio, no que, coa simboloxía adecuada e conforme as tradicionais pautas de presentación dos emblemas heráldicos, se represente e perpetúe a súa peculiaridade. Para iso, e de acordo coas facultades que lle confiren as disposicións legais vixentes, elevou ó concello o informe histórico heráldico, co seu correspondente brasonamento e representación gráfica, para a súa aprobación definitiva.

A competencia exclusiva en materia de adopción, modificación ou rehabilitación dos emblemas heráldicos e bandeiras dos concellos e outras entidades locais correspóndelle á Comunidade Autónoma gale

ga, segundo o disposto polo artigo 27.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

O expediente tramitouse conforme as normas do procedemento establecidas na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, no Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das corporacións locais, aprobado polo R.D. 2568/1986, do 28 de novembro, e no Decreto 369/1998, do 10 de decembro, polo que se regula a composición e as funcións da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia.

Na súa virtude, visto o informe favorable, con data do 26 de abril de 2000, emitido pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de maio de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo único.-Aproba-lo escudo heráldico do concello de Mondariz-Balneario, que quedará organizado do seguinte xeito: de prata (branco), catro faixas ondadas de azur (azul) e brochante sobre o todo unha copa de ouro (amarelo) coa serpe enroscada de sinople (verde) e linguada de gules (vermello). Ó timbre, coroa real pechada.

Santiago de Compostela, once de maio de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais