O Concello de San Amaro (Ourense) considerou conveniente adoptar unhas armas ou brasón propio no que, coa simboloxía adecuada e conforme as tradicionais pautas de representación dos emblemas heráldicos se presente e perpetúe a súa peculiaridade. Para iso, e de acordo coas facultades que lle confiren as disposicións legais vixentes, elevou o informe histórico-heráldico, co seu correspondente brasonamento e representación gráfica, para a súa aprobación definitiva.
A competencia exclusiva en materia de adopción, modificación ou rehabilitación dos emblemas heráldicos e bandeiras dos concellos e doutras entidades locais, correspóndelle á Comunidade Autónoma galega, segundo o disposto polo artigo 27.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.
O expediente tramitouse conforme as normas do procedemento establecidas na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, Lei 5/1997, do 22 de xullo de Administración local de Galicia, no Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das corporacións locais, aprobado polo R.D. 369/1998, do 28 de novembro, e mais no Decreto 269/1998, do 10 de decembro, polo que se regula a composición e funcións da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia.
Na súa virtude, visto o informe, do 26 de abril de 2000, emitido pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia e por proposta do conselleiro de
Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de maio de dous mil,
DISPOÑO:
Artigo único.-Aproba-lo escudo heráldico do Concello de San Amaro (Ourense), que quedará organizado do seguinte xeito: de sinople (verde), un sarmento coas súas follas e racio de ouro (amarelo), surmontado de tres torres de prata (branco). Ó timbre, coroa real pechada.
Santiago de Compostela, once de maio de dous mil.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Antonio Pillado Montero
Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais