Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 26 de maio de 2000 Páx. 8.258

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e mediante procedemento aberto e trámite de urxencia, da subministración de diverso equipamento para a residencia da terceira idade As Gándaras de Lugo.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la siguiente contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Número de expediente: 52/2000.

2. Obxecto: contratación adquisición de tren de lavado, baño maría e mobles para a zona de lavado de louza e cociña para a residencia da terceira idade As Gándaras de Lugo.

3. Tramitación: concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia.

4. Prazo de execución do contrato: un mes.

5. Variantes: non se admiten.

6. Orzamento.

6.1. Orzamento total: 7.390.000 ptas. (44.414,79 E).

6.2. Orzamento por lotes:

Lote nº 1: 3.800.000 ptas. (22.838,46 E).

Lote nº 2: 390.000 ptas. (2.343,95 E).

Lote nº 3: 3.200.000 ptas. (19.232,39 E).

7. Garantía provisional: 2% do orzamento.

7.1. Importe total da garantía provisional: 147.800 ptas. (888,30 E).

7.2. Importe da garantía provisional por lotes:

Lote nº 1: 76.000 ptas. (456,77 E).

Lote nº 2: 7.800 ptas. (46,88 E).

Lote nº 3: 64.000 ptas. (384,65 E).

8. Fianza definitiva: 4% sobre o importe de adxudicación.

9. Clasificación: non se esixe.

10. Solvencia técnica: acreditarase polos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, modificado pola Lei 53/1999, de 28 de decembro.

11. Solvencia económica e financeira: acreditarase polos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio, modificado pola Lei 53/1999, do 28 de decembro.

12. Criterios de adxudicación: os definidos no punto nº 13 do prego de cláusulas administrativas particulares (folla de especificacións).

13. Documentación que presentarán os licitadores: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse na Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (Ronda da Muralla, nº 70), durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9 ás 14 horas, en días hábiles, agás sábados. Así mesmo, poderán examinarse nas restantes delega

cións provinciais da consellería e na Dirección Xeral de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

15. Lugar de presentación: no rexistro xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo (Ronda da Muralla, nº 70, C.P. 27071), en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente.

Se as proposicións se envían por correo, terá que xustificarse a data de presentación e a comunicación o mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

16. Prazo de presentación: será de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

17. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións, na sala de reunións da Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais sita na Ronda da Muralla, nº 70. Se coincidira en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte, á mesma hora.

18. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase o seu respectivo contido e o nome do licitador.

19. Os gastos derivados deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Lugo, 10 de maio de 2000.

Luis Abades Álvarez

Delegado provincial de Lugo