Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 26 de maio de 2000 Páx. 8.257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ANUNCIO do 28 de abril de 2000, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se notifica a do 27 de abril de 2000, dictada no expediente sancionador S-C10/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1992, do 13 de xaneiro, de modificación da

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 14 de xaneiro de 1999), notifícaselle a Gumersindo Meijón Álvarez a resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural dictada no expediente sancionador S-C10/1999, instruído por infracción do disposto na Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que o interesado poida interpoñer calquera outro que coide oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións, da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Expediente: S-C10/1999.

Sancionado: Gumersindo Meijón Álvarez.

Domicilio que consta no expediente: rúa Tapia, nº 41, 5º E.

Localidade: El Temple, Cambre (A Coruña).

Resolución: 27 de abril de 2000.

Precepto infrinxido: 90 g) da Lei 8/1995.

Sanción: 300.000 pesetas e a recuperación do ben afectado.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2000.

Francisco Castro Allegue

Subdirector xeral de Patrimonio Cultural