Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 26 de maio de 2000 Páx. 8.256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento de actas previas á ocupación para a instalación eléctrica que se cita. (Expediente 29/1999 A.T.).

O 23 de marzo de 2000, a Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, dictou resolución pola que se autoriza administrativamente, se declara a utilidade pública e se aproba o proxecto de execución da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV Vilalba-Carba-Tesouro (expediente 29/1999 A.T.), que afecta na provincia de Lugo os termos muncipais de Vilalba e Xermade.

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Baseándose no anterior, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar, a partir do día 13 de xuño de 2000, a tódalas persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se expón xunto con esta resolución nos taboleiros de anuncios dos concellos de Vilalba e Xermade, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia, do 7 de xullo de 1999, no BOP de Lugo, do 30 de xuño de 1999 e no xornal El Progreso, do 24 de xuño de 1999, para que comparezan nos concellos de Vilalba e Xermade, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación.

Desta convocatoria daráselles traslado ós interesados mediante a oportuna cédula de citación individual, na que se sinalará día e hora para o levantamento de actas previas; así mesmo, nos taboleiros de anuncios dos concellos de Vilalba e Xermade estará exposto o calendario do levantamento de actas. Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3º da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírtese a tódolos interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta delegación provincial ata o momento do levantamento de actas previas, para os únicos efectos de emenda-los posibles erros padecidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2º do regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente, para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou, tentada esta, non se puidera practicar e así dirixi-las dilixencias co Ministerio Fiscal segundo o establecido no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa.

Lugo, 12 de maio de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Relación de titulares descoñecidos, en paradoiro descoñecido ou ós que non se puidera notificar

Termo municipal de Vilalba.

TitularNº predioPolígonoParcelaAfección

no planoS.A.(m)Voo (ml)S.P. (m)O.T. (m)

Descoñecido13256493-494036060

Descoñecido1645640604100100

Raquel Alvariño Yáñez (Rpte.: Ángel Villares Carballido)302561.103019250380

Esther, Remedios, Leonardo, Dorinda, Dolores, Adelina, José, Ramón, Justa e Carlos Guizán Novo, Estrella, Herminia e Ana Guizán Guizán.45346683-684028560560

José Carreiras Orosa Santiago6372936013260260

Isaura Balseiro6674334016330

Hdos. María Josefa Iglesias Eiimil, Mª Josefa Iglesias Bermúdez, Álvaro, José e Mª Josefa Iglesias Candamia.73148725 a 745

1.764 a 1.784

010100200

Hdos. María Josefa Iglesias Eiimil, Mª Josefa Iglesias Bermúdez, Álvaro, José e Mª Josefa Iglesias Candamia76148746 a 7730990180

Termo municipal de Xermade.

TitularNº predioPolígonoParcelaAfección

no planoS.A.(m)Voo (ml)S.P. (m)O.T. (m)

Irene Balsa10646785004062

Irene Clara Balsa López1401.0670660120

Descoñecido15946979011020

Descoñecido2194360705100156

Hdos. Pío Souto Ramos25533619003030

María Dolores e Xosé Manuel Saavedra Hermida28733999018180360

Julia Castelo Pardo33731155-156038260634

Lenda:

S.A.: superficie de apoio.

S.P.: servidume permanente.

O.T.: ocupación temporal.