Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 26 de maio de 2000 Páx. 8.255

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 4/2000).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 de Decreto 2819/1966 e no artigo 12 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, da Xunta de Galicia, sométese á información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

-Solicitante: Eurovento, S.L Unipersonal.

-Enderezo: rúa Varsovia, 4-C, 5ª planta. 15707-Santiago de Compostela.

-Denominación: parque eólico de Currás.

-Concellos afectados: Mazaricos (A Coruña).

Superficie afectada: 36,592 ha.

Coordenadas:

V: (X=496486.5404; Y=4751794.9011).

V: (X=497050.9260; Y=4751866.2772).

V: (X=497198.8530; Y=4751294.4014).

V: (X=497261.3294; Y=4751305.9254).

V: (X=497311.5200; Y=4751033.8199).

V: (X=496908.8379; Y=4751011.7140).

V: (X=496885.5732; Y=4751227.7032).

Potencia que se vai instalar: 7,8 MW.

Durante o prazo de vinte días, poderán presentarse solicitudes en competencia axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia.

A Coruña, 9 de maio de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña