Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 26 de maio de 2000 Páx. 8.255

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/78-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: rúa Marqués de Valladares, 23-2º, 36201 Vigo.

Denominación: modificación L.M.T. Budiño-As Reloas, tramo polígono A Granxa.

Situación: O Porriño.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 450 m de lonxitude, con conductor R.H.V., desde un apoio que se colocará na L.M.T. Budiño-As Reloas-A Devesa, situado no límite da parcela 192 do polígono da Granxa, ata o apoio existente na fronte da parcela 206 do polígono, concello do Porriño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 7 de abril de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra