1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.
c) Número de expediente: 2/2000.
2. Obxecto de contrato.
a) Descrición do obxecto: contratación da subministración sucesiva de títulos académicos.
b) Lugar de entrega: Servicio de Centros da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, sita en San Lázaro, 107 - 15771 Santiago de Compostela.
c) Prazo de execución: 30 días.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 6.500.000 ptas. (39.065,787 euros).
5. Garantías.
Provisional: 2% do prezo de licitación.
6. Obtención de documentación e información.
6.1. Información:
a) Entidade: oficina de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
b) Domicilio: edificio San Caetano, s/n. Santiago de Compostela.
6.2. Adquisición de pregos:
a) Teléfono: 981 59 07 11.
b) Domicilio: Rúa Nova de Abaixo, 19. Santiago de Compostela.
7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o oitavo día contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 14 horas.
b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por correo.
2ª Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.
3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
8. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data e hora: o quinto día hábil contado desde o día seguinte á finalización do prazo para presentar ofertas, ás 12 horas.
9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 22 de maio de 2000.
P.D. (Orde 21-6-1996)
Máximo García Serrano
Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria