Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 25 de maio de 2000 Páx. 8.188

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente e se declara de utilidade pública o modificado número 2 da L.A.T. a 380 kV Subestación de Castrelo de Miño-Pazos de Borbén (tramo II), se aproba o seu proxecto de execución modificado para os tramos I e II e se aproba o proxecto de execución do modificado número 3 da mesma liña, nos termos municipais de Castrelo de Miño, Ribadavia, A Arnoia, Melón (Ourense), e A Cañiza, Ponteareas, Mondariz, Covelo e Pazos de Borbén (Pontevedra). (Expediente IN407A 94/97-3 A.T. (Ourense) e IN407A 99/198 A.T. (Pontevedra)).

Examinado o expediente instruído por pedimento da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo para efectos de notificación en Avda. de Arteixo 171 (A Coruña), resultan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Por Resolución do 9 de febreiro de 1996, a Dirección Xeral de Industria autorizou e declarou de utilidade pública o proxecto da L.A.T. Castrelo de Miño/Pazos de Borbén, a 220 kV.

Esta instalación consta do tramo I a 220 kV desde a subestación de Castrelo de Miño ata o apoio nº 6, e o tramo II desde o apoio nº 6 ata a subestación de Pazos de Borbén, solicitado para funcionar a 220 kV e proxectado para 380 kV.

Segundo.-Por Resolución do 15 de xullo de 1998, a Dirección Xeral de Industria aprobou o proxecto do modificado nº 1 da L.A.T. 220 kV Castrelo de Miño-Pazos de Borbén (tramo I).

Terceiro.-Con datas 21 e 22 de abril de 1999 a citada empresa solicita a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución do modificado nº 2 da L.A.T. 380 kV Castrelo de Miño-Pazos de Borbén (tramo II), co fin de legaliza-la 380 kV o tramo II.

Solicita ó mesmo tempo a aprobación do proxecto de execución do modificado nº 2 para o tramo I, que ten en conta unha variante sobre o encoro de Castrelo de Miño, que non afecta a outros propietarios, e que foi autorizada pola confederación hidrográfica en data 27 de novembro de 1998.

Cuarto.-Con data 19 de outubro de 1999, Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., solicita a aprobación do proxecto de execución do modificado nº 3 da L.A.T. Castrelo de Miño-Pazos de Borbén (tramo I), necesario debido ás dificultades para levar a cabo a construcción dun apoio, todo iso dentro da mesma traza e sen varia-las afeccións dunha maneira significativa.

Xunta os preceptivos proxectos de instalacións a que fan referencia os artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

As características técnicas básicas da instalación despois das modificacións serán as seguintes:

Tramo I: tramo en circuíto simple entre a subestación de Castrelo de Miño (apoio 0) e o apoio 6, de 2,681 km, con cable Raíl e fases en disposición dúplex.

Tensión nominal: 220 kV.

Potencia de transporte para cos u = 0,8649 mW.

Nº de apoios: 7/metálicos de celosía.

Nº conductores de terra con fibra óptica: 1 de 16 fibras.

Tramo II: tramo en dobre circuíto, entre os apoios nº 6 e a subestación de Pazos de Borbén (apoio nº 94), de 39,108 km, con fases dúplex e conductor Raíl.

Tensión nominal: 380 kV.

Frecuencia 50 Hz.

Potencia máxima de transporte: 1.166 mVA/circuíto.

Apoios: torres metálicas de celosía.

Lonxitude total: 41,789 km.

Orzamento: 784.521.261 ptas.

Quinto.-As delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio de Ourense e Pontevedra someteron o citado proxecto de instalacións, xunto coa relación de bens e dereitos afectados, a trámite de información pública mediante Resolución do 18 de maio de 1999 da Delegación Provincial de Ourense, publicada no DOG, do 18-6-1999, BOP de Ourense, do 1-7-1999 e o diario La Región, do 9-6-1999, Resolución do 13 de xullo de 1999 da Delegación Provincial de Pontevedra, publicada no DOG, do 30-8-1999, BOP de Pontevedra, do 13-8-1999 e o Faro de Vigo, do 5-8-1999, nos taboleiros de anuncios dos concellos de Castrelo de Miño, Ribadavia, A Arnoia, Melón (Ourense), e A Cañiza, Ponteareas, Mondariz, Covelo e Pazos de Borbén (Pontevedra) e nas delegacións provinciais de Ourense e Pontevedra; así mesmo as delegacións provinciais notificaron individualmente a mencionada solicitude a cada un dos interesados que figuran na dita relación e, no caso de titulares descoñecidos ou de enderezo

ignorado, deu traslado das actuacións o Ministerio Fiscal.

Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servicios, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente.

Sexto.-Durante o período no que se someteu a trámite de información pública, formuláronse as seguintes alegacións:

1. Carme Lago Ferreira manifesta que os predios números 72 e 76, denominadas Merouces, e atribuídas a Domingo Martínez Domínguez, lle pertencen a ela por herdanza.

2. Francisco Muñoz Faro titular dos predios nº 18 e 21, do concello de Mondariz, indica que o predio Foxo é colindante coa propiedade onde está a súa vivenda, tendo as ditas propiedades unha extensión inferior a 5.000 m, ó igual que pasa co predio denominado Grela, e que polo tanto é de aplicación o artigo 25 do Decreto 2619/1966, así como que o paso da liña afecta moi desfavorablemente a ámbalos dous predios e solicita que se faga unha variante, que se expropie en caso contrario a totalidade dos predios, ou que a liña se faga subterránea.

3. Enrique Muñoz Faro en representación propia e da comunidade de herdeiros de Rosario Faro Souto, en relación cos predios números 2, 7, 11, 69, 75 e 78, alega que a liña deixará inútil para o seu uso os ditos predios e que as cantidades ofrecidas para o acordo son moi baixas, solicitando un trazado alternativo, que a liña sexa subterránea ou que se expropie a totalidade dos predios.

4. Hermosinda Muñoz Faro e María do Carme Valverde Faro, propietarias dos predios nº 3, 26 e 19, alegan que o predio nº 3 é colindante coa propiedade na que se encontra a vivenda da súa filla María do Carme Valverde Faro e que ámbalos dous predios teñen unha extensión inferior a 5.000 m, que a

casa está situada onde xa existe outra liña de alta tensión e que os seus efectos poderían afectar á súa saúde xa que ten instalado un marcapasos, que se opoñen ó trazado da liña os predios 19 e 26 e que igualmente afectaría a uns pozos de auga existentes, polo que solicitan un trazado alternativo, se lle expropie o total dos predios ou que se faga subterránea.

5. Bautista Garrido Melón indica se-lo propietario do predio 546 antes pertencente a Benito Garrido.

6. Xosé Diamantino Alfaia Seoane, como presidente da comunidade de montes veciñais en man común de Touton-Mondariz manifestan se-los propietarios dos predios 545 e 550 que aparecen como descoñecidos. Todos eles indican non opoñerse á expropiación senón que se siga a tramitación que marca o Decreto 2619/1966 e que se faga unha valoración axeitada dos bens e dereitos expropiados.

7. A comunidade de montes veciñais en man común de Sabaxáns-Mondariz, en relación co predio 137, alega que os montes non poden ser alleados e que están en negociacións con Unión Eléctrica-Fenosa, S.A..

8. Cesáreo Domínguez Acuña, como presidente da comunidade de montes veciñais en man común de Casteláns en Covelo, titulares dos predios 123, 125, 127 e 129 e 131, 132, 133, 135, 138 e 140 alegan que os veciños que acordaron voluntariamente o paso da liña recibiron unha compensación inferior á que posteriormente se ofrece a outros propietarios da mesma parroquia de Casteláns.

As alegacións foron remitidas á empresa beneficiaria para a súa contestación, facilitando ésta as informacións adicionais solicitadas.

Sétimo.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente polas delegacións provinciais de Ourense e Pontevedra, comprobándose mediante inspección sobre o terreo seguindo o trazado proposto para a instalación desta liña, que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da servidume de paso, non se dan as prohibicións nin limitacións previstas no artigo 57 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e nos artigos 25 e 26 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999. do 21 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Decreto

2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas e a Lei 54/1997, de 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación a elas por parte da empresa promotora e o resto da documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1. En relación ós cambios de titularidade nas parcelas, a empresa beneficiaria tomará razón delas e continuarase a tramitación dos expedientes cos alegantes. Nembargantes, durante a fase do levantamento de actas previas á ocupación, á que serán convenientemente notificados, deberán presenta-la documentación acreditativa de dita titularidade.

2. Non se poden acepta-las alegacións de Francisco Muñoz Faro nin Hermosinda Muñoz Faro e María do Carme Valverde Faro, xa que os predios afectados de superficie inferior a 5.000 m son lindantes cos predios onde se atopan as súas vivendas, é dicir, non forman unha unidade todos eles nin están cerrados, polo que non procede á aplicación do artigo 25 do Decreto 2619/1966. Ademais respéctanse as distancias a edificacións do Regulamento de liñas aéreas de alta tensión.

3. Con respecto á alegación presentada por Enrique Muñoz Faro en representación propia e da comunidade de herdeiros de Rosario Faro Souto, non se pode acepta-la expropiación total porque a servidume de paso da liña eléctrica non impide o aproveitamento forestal dela, polo que non concorre o requisito esixido na Lei de expropiación forzosa, non procedendo a dita expropiación.

4. Non se toman en consideración as alegacións referidas á valoración da afección das parcelas, por non ser obxecto desta fase do expediente, correspondendo esta valoración á fase de prezo xusto.

Cuarto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

1. Autoriza-lo modificado nº 2 da L.A.T. 380 kV subestación Castrelo de Miño-Pazos de Borbén (tramo II), nos termos municipais de Castrelo de Miño, Ribadavia, A Arnoia, Melón (Ourense), e A Cañiza, Ponteareas, Mondariz, Covelo e Pazos de Borbén (Pontevedra).

2. Aproba-lo proxecto de execución do modificado nº 2 da citada liña para os tramos I e II.

3. Declara-la utilidade pública do tramo II, en concreto, da instalación eléctrica citada, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

4. Aproba-lo proxecto de execución do modificado nº 3 da mesma liña.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2000.

Ramón Ordas Badía

Director xeral de Industria