Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 24 de maio de 2000 Páx. 8.105

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de estatutos e de bases de actuación da futura xunta de compensación da unidade de actuación número 31 do PXOU/O Pino.

No BOP número 60, do 27-3-2000, insírese anuncio deste concello no que se publica integramente o proxecto de estatutos e de bases de actuación da futura xunta de compensación da unidade de actuación número 31 do PXOU de Pontevedra, sita no lugar do Pino, e que foi inicialmente aprobado pola comisión de goberno (delegación da alcaldía do 6-7-1999 ) na sesión do pasado 24 de xaneiro por instancia de Promociones Arga, S.L., e Agapito Manuel Poceiro Graña.

Durante o prazo de vinte días a partir da publicación deste anuncio, exporase ó público o proxecto de estatutos e de bases e o expediente incoado, no Servicio de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico deste concello (rúa Churruchaos, número 2), e formularse as alegacións procedentes, servindo tamén este anuncio de notificación a Félix Vázquez Pazos e Benita Dios Vázquez, de conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, así como a tódolos propietarios ou interesados no procedemento, directamente afectados, que non poidan ser notificados individualmente ben por descoñecidos ou porque se ignore o lugar de notificación, enderezo, medio, ou porque tentada a notificación non se puidese practicar.

Pontevedra, 3 de abril de 2000.

Miguel Fernández Lores

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral