Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 24 de maio de 2000 Páx. 8.104

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2000 pola que se anuncia a licitación para a adxudicación, mediante concurso, da autorización do uso especial de vías públicas municipais para a explotación dun tren turístico no municipio de Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n, 36071-Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Pleno da Corporación.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: autorización do uso especial de vías públicas urbanas para a explotación dun tren turístico no municipio de Pontevedra.

b) Duración do contrato: o contrato terá unha duración de catro anos, contados a partir da súa data de formalización e establecerase unha prórroga anual cun máximo de dous anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Canon: o canon anual mínimo para satisfacer polo concesionario fíxase en 500.000 ptas. e un mínimo de 100 percorridos/ano dunha hora de duración sen custo para os usurios nin para o concello.

5. Garantías.

a) Provisional: 125.000 ptas. b) Definitiva: unha anualidade de canon ofertado.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Servicio de Contratación do Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n. Pontevedra-36071. Teléfono: 986 80 43 00. Telefax: 986 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: trece (13) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: trece días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 8ª do prego.

c) Lugar da presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra, das 9 ás 13 horas.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o día seguinte hábil ó da terminación do prazo sinalado para a presentación das ofertas; se coincidise en sábado, a apertura realizarase o día seguinte hábil, ás 12 horas, na sala de xuntas.

9. Criterios de selección: os criterios que servirán de base para a adxudición serán os seguintes:

a) Oferta de funcionamento dun tren novo durante o período da contratación. Valorarase en 10 puntos.

b) No suposto de que para inicia-la presentación do servicio se propoña a utilización dun tren usado, valorarase durante o primeiro ano de contrato: 6 puntos e durante os dous primeiros anos: 3 puntos.

c) Mellora da calidade e características técnicas sinaladas na cláusula segunda, que reporten unha mellor prestación ós usuarios. Valorarase de 0 a 10 puntos.

d) Persoal adscrito á explotación dun tren. Valorarase de 0 a 5 puntos.

e) Maior canon ofertado ó Concello de Pontevedra: valorarase en 1 punto por cada 100.000 ptas. de incremento anual sobre o esixido, cun máximo de 10 puntos.

f) Número de percorridos gratuítos cedidos o concello, por riba dos 100 anuais esixidos. Por cada 15 viaxes gratuítos ó ano valorarase en 2 puntos, un máximo de 10 puntos.

g) Compromiso de incorporar, con carácter inmediato, outro tren de iguais ou similares características ó servicio no período do 15 de maio ó 15 de setembro de cada ano de duración do contrato. Valorarase en 20 puntos.

h) Reducción do prezo do billete. Por cada 5 ptas. valorarase en 2 puntos, cun máximo de 20 puntos.

i) Pola reducción do prazo de 2 meses de posta en funcionamento do tren. Por cada 10 días de reducción valorase en 5 puntos ata un máximo de 25 puntos.

10. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

1º Os dos anuncios que xere o concurso e os seus actos preparatorios.

2º Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato, incluído o IVE.

3º Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo, de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora de taxa.

4º Custe do investimento que comparte a adquisición do tren, matriculación, acondicionamento del, para que reúna as condicións esixidas, sinalización das paradas e demais orixinadas pola explotación do tren.

Pontevedra, 5 de maio de 2000.

Raimundo González CarballoJulio Dapena Outomuro

Teniente alcaldeSecretario xeral