Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 22 de maio de 2000 Páx. 7.980

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, declaración de efectos ambientais, aprobación do proxecto de execución e do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das instalacións que comprenden o proxecto do Parque Eólico de Adraño. (Expediente IN 661 22/1999).

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, os decretos 2617/1966, sobre autorización das instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autonóma de Galicia e artigo 25 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, sométense a información pública, por solicitude da empresa Eurovento, S.L., as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública:

-Declaración ambiental.

-Autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións que comprende o proxecto do Parque Eólico de Adraño.

-Aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

Denominación: Parque Eólico de Adraño.

Peticionario: Eurovento, S.L., rúa Varsovia, 4-C, 5ª planta, Área Central, As Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

Situación: concellos de Carnota e Mazaricos (A Coruña).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V (493.300 W, 4.749.400 N).

V (494.300 W, 4.747.200 N).

V (495.800 W, 4.745.400 N).

V (495.200 W, 4.744.700 N).

V (493.300 W, 4.746.400 N).

V (492.500 W, 4.748.500 N).

Características técnicas do parque eólico:

Nº de aeroxeradores: 36.

Potencia nominal unitaria: 600 kW.

Potencia total instalada: 21,6 MW.

Tipo de aeroxerador: Bazán-Bonus 600 Mk IV.

Producción neta anual estimada: 66.462 MWh.

Orzamento total: 2.681.304.292 ptas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

-36 aeroxeradores tipo Bazán-Bonus 600 Mk IV, 600 kW de potencia nominal unitaria.

-15 centros de transformación de 2.000 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/30 kV, instalados cada dous e tres aeroxeradores coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de evacuación de enerxía eléctrica en baixa tensión e media tensión (30 kV). A rede de baixa tensión comunica os aeroxeradores cos centros de transformación, mentres que a rede de 30 kV conecta os centros de transformación e entronca coas cabinas de 30 kV da subestación de Recarea, xa existente, no módulo do trafo II.

-Liñas subterráneas de comunicación entre os aeroxeradores e subestación transformadora, formadas por fibra óptica monomodo e multimodo de 4 e 12 fibras respectivamente.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial da Consellería de Industria na Coruña, edificio administrativo Monelos, s/n, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de maio de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña