Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 22 de maio de 2000 Páx. 7.979

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/66-2, 5390 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Espiñeirido.

Situación: Cervo.

Descricións técnicas: L.M.T. a C.T. de Vila de Suso a 20 kV en conductor LA-56, de 525 m de lonxitude. L.M.T. a C.T. de Camiño Chao a 20 kV en conductor LA-56, de 15 m de lonxitude. L.M.T. a C.T. de Espiñeirido a 20 kV en conductor LA-56, de 15 m de lonxitude. L.M.T. a C.T. das Patosas a 20 kV en conductor LA-56, de 16 m de lonxitude. C.T. de Vila de Suso de 160 kVA e relación 20.000/380-220 V. C.T. de Camiño Chao de 160 kVA e relación 20.000/380-220 V. C.T. de Espiñeirido de 160 kVA e relación 20.000/380-220 V. C.T. das

Patosas de 160 kVA e relación 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión en conductor R.Z., de 2.940 m de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 3 de abril de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo