Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Sábado, 20 de maio de 2000 Páx. 7.938

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente P-161/1999, incoado por infracción á Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a resolución do dito expediente,

por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro, DOG 8-1-1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente). Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contado desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 2091-0388-90-3110001181 de Caixa de Galicia. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento por la vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, nº 70-1º planta.

Lugo, 31 de marzo de 2000.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente Nº: P-161/1999.

Denunciada: Purificación Iglesias López.

DNI: 32.383.133-F.

Enderezo: r/ Paseo de la Cumbre, nº 8-Prt. 6-baixo, Casteldefels-Barcelona.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca con cana no río Bagude (afluente do río Miño), sen estar en posesión da preceptiva licencia en vigor. Feitos constatados o día 11-8-1999 en Portomarín. Lugo.

Precepto sancionador: artigo 34.1º da Lei 7/1992.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.

Artes decomisadas: una cana e un carrete depositados nas dependencias da Delegación Provincial de Medio Ambiente de Lugo.