De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a resolución do dito expediente, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.
Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro, DOG 8-1-1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente). Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.
O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contado desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 2091-0388-90-3110001181 de Caixa de Galicia. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.
Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados que lle serán faci
litados nesta Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, nº 70-1º planta.
Lugo, 28 de febreiro de 2000.
Luis González Vázquez
Delegado provincial de Lugo
ANEXO
Expediente nº: P-155/1999.
Denunciado: Jorge Louro Ansede.
DNI: 32.761.239.
Enderezo: Ronda de Outeiro, 402-B-A Coruña.
Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca sen estar en posesión da preceptiva licencia en vigor. Feitos constatados o día 25-8-1999 no río Asma-Ponte Minicentral de Tarrío. Chantada. Lugo.
Precepto sancionador: artigo 34.1º da Lei 7/1992.
Cualificación: menos grave.
Sanción: 50.001 ptas. de multa.
Inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.