O recadador da Xunta de Galicia, titular de zona da Coruña, por medio deste anuncio fai saber que se segue nesta oficina expediente de constrinximento contra os debedores que se sinalan na lista que se xunta. Nos devanditos expedientes dictouse a dilixencia de embargo sobre os bens que aparecen como propiedade dos debedores; dilixencia que non puido ser notificada ós interesados malia ós intentos feitos nese sentido. A referencia da dilixencia é a que se sinala no anexo.
Todo o dito en cumprimento dos artigos 110 e seguintes (capítulo IV, título I) do vixente Regulamento xeral de recadación.
Deste embargo tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Xunta de Galicia.
O que se publica para os efectos de notificación, coa advertencia de que os interesados poderán presentar recurso de reposición no prazo de quince días
hábiles, contados a partir do seguinte ó desta publicación, perante o Servicio Central de Recadación da Xunta de Galicia, sito no edificio administrativo San Caetano de Santiago de Compostela, ou reclamación económico-administrativa perante o tribunal da devandita xurisdicción, sen que poidan simultanearse ámbolos recursos.
A Coruña, 17 de abril de 2000.
Nazario Villalva Montero
Recadador de zona da Coruña
ANEXO
dilixencia
Interesado NIF Data
Descrición do ben
Ford Courier 1.8 D
Elma Instalaciones, S.L. B-27.042.498 11-4-2000 Vehíc. C-7462-AN. Nissan Vanette
Elma Instalaciones, S.L. B-27.042.498 11-4-2000 Vehíc. IB-5990-AC. Seat Trans A
Elma Instalaciones, S.L. B-27.042.498 11-4-2000 Vehíc. LU-1849-K. Nissab L 80 09
Elma Instalaciones, S.L. B-27.042.498 11-4-2000 Vehíc. LU-9740-J Nissan Trade
Elma Instalaciones, S.L. B-27.042.498 11-4-2000 Vehíc. M-8304-HP. Citroën C 15 D
Elma Instalaciones, S.L. B-27.042.498 11-4-2000 Vehíc. M-8305-HP. Citroën C 15
Seoane Argudín, José Antonio 32.838.512-D 30-11-1999 Vehíc. C-4316-BG.