Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Sábado, 20 de maio de 2000 Páx. 7.931

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 15 de maio de 2000 pola que se modifica a do 1 de marzo de 2000 e a corrección de erros publicada o 21 de marzo de 2000, pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas a empresas, agrupacións ou asociacións de empresas que realicen investimentos, estudios e xestión de residuos industriais encamiñados a mellorar e controla-lo ambiente.

Como consecuencia da maior dispoñibilidade orzamentaria para a consecución dos obxectivos de reducción, reutilización, reciclaxe e valorización, así como para promove-las tecnoloxías menos contaminantes na eliminación de residuos, esta consellería considera conveniente efectua-los trámites precisos para incrementa-la dotación inicialmente prevista na orde de referencia.

Na súa virtude, e no uso das atribucións que me foron concedidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o artigo 25 da referida orde ó que se lle dá a seguinte nova redacción:

Para a concesión das axudas convocadas na referida orde, destinarase ata un máximo de 297.187.250 ptas. que se imputarán na aplicación orzamentaria 15.03.342-A770.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia dos anos 2000 e 2001, de acordo con la siguiente distribución:

Ano 2000:

15.03.342-A770.0: 185.187.250 ptas.

Ano 2001:

15.03.342-A.770.0: 112.000.000 de ptas.

Esta disposición entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2000.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente