Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 19 de maio de 2000 Páx. 7.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 11 de abril de 2000 pola que se lle notifica a Manuel Mata Martín a resolución pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato da súa vivenda, expediente C136CD63, conta 8012.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación no domicilio do interesado sen que se puidese practicar, notifícaselle a Manuel Mata Martín a resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 10 de febreiro de 2000, pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato relativo á vivenda de protección oficial da que é adxudicatario, recaída no procedemento de desafiuzamento administrativo por falta de pagamento.

Contra a citada resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da presente notificación, conforme o que establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999 do 13 de xaneiro.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da Lei 30/1992, modificada por Lei 4/1999, transcríbese o texto íntegro da dita resolución:

«Expediente de desafiuzamento administrativo. Resolución.

Visto o expediente de desafiuzamento administrativo seguido contra Manuel Mata Martín, beneficiario do local comercial obxecto da presente resolución, situado na rúa As Rosas, local nº 7, planta 3º, letra D, no Barrio das Flores na Coruña, correspondente ó:

Expediente: C136CD63, conta 8012, local nº 7, por incumprimento do contrato en canto á falta de pagamento das cotas de aluguer.

Tendo en conta os seguintes feitos:

1. Que o Servicio de Xestión Financeira e Administración do Instituto Galego da Vivenda e Solo constata a existencia de recibos pendentes de pagamento relativos ó citado local, que ascenden no 1 de xaneiro de 2000 ó importe de 118.155 ptas., por falta de pagamento de 80 recibos correspondentes ós meses de xaneiro de 1993 a xaneiro de 2000.

2. Que, requirido por carta certificada con xustificante de recepción, que se atopa incorporada ó expediente, para que no prazo de 15 días efectuara o ingreso do importe reclamado, o dito requirimento non foi atendido.

3. Que, de acordo coas cláusulas oitava e novena do contrato de aluguer do 4 de marzo de 1980, a falta de pagamento é causa de resolución do contrato, sendo de aplicación o expediente de desafiuzamento administrativo establecido na normativa de vivendas de protección oficial, Decreto 2114, do 24 de xullo de 1968.

Fundamentos de dereito.

1. O Real decreto 1926/1985, do 11 de setembro, efectuou o traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de patrimonio arquitectónico, control da calidade de edificación e vivenda, traspasándose a titularidade dos locais comerciais do Estado (IPPV) situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. É competente para a resolución do presente expediente o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 70/1997, de estructura orgánica do citado organismo, modificado polo Decreto 258/1999, do 17 de setembro.

3. Os feitos sinalados constitúen causa legal suficiente de resolución de contrato e desafiuzamento.

4. Na tramitación do expediente observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 a 144 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, artigos 58, 59 e 96.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vistos os preceptos legais invocados e demais normas de aplicación xeral,

RESOLVO:

1. Acorda-la resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento de persoas e obxectos do local, que levará a cabo o funcionario que se designe, e o representante da entidade colaboradora Hnos. Alonso Garrán, S.L. que se designe, con credencial para o efecto subscrita e asinada polo director xeral do IGVS.

Advírteselle ó interesado que, de conformidade co establecido no Regulamento de VPO, poderá evita-lo lanzamento aboando o total da débeda coa recarga do 10% no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a notificación ou publicación da presente resolución.

2. A resolución en firme do contrato levará consigo a prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no artigo 20 c) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, modificada por Lei 53/1999, do 28 de decembro.

Notifíqueselle-la presente resolución ós interesados con expresión dos recursos legais que procedan.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2000. Asinado José Antonio Redondo López director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo».

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2000.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo