Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 19 de maio de 2000 Páx. 7.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 13 de abril de 2000, da Área de Servicios Sociais da provincia de Lugo, polo que se notifican as resolucións dictadas sobre as pensións non contributivas da Seguridade Social relacionadas no anexo.

No uso das competencias sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, reguladas polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ó seren devoltas polo servicio de correos as resolucións enviadas no seu día, notifícaselles ós citados no anexo a resolución dictada en relación co seu expediente de pensión non contributiva pola delegación da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais desta provincia.

Contra esta resolución poderase intepoñer reclamación previa á vía da xurisdicción laboral ante esta delegación provincial dentro dos trinta días seguintes ó da data na que se publique este edicto, conforme o disposto no artigo 71 do texto refundido da Lei de procedemento laboral, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril (BOE do 11 de abril).

Luis Abades Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Solicitante: Manuel Núñez Gómez.

DNI: 33.740.618.

Resolución: denegación do recoñecemento a pensión de invalidez non contributiva.

Feitos: non estar afectado por un grao de minusvalidez ou enfermidade crónica igual ou superior ó 65%. Dictame do equipo de valoración e orientación: porcentaxe de discapacidade: 15,00; factores sociais: 9,00; grao de minusvalidez: 15,00.

Fundamentos de dereito: artigo 144.1º c) do T.R.L.X.S.S., aprobado polo R.D.L. 1/1.994, do 20 de xuño.