Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 19 de maio de 2000 Páx. 7.907

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 11 maio de 2000 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso, dunha asistencia técnica para a impartición de varios cursos en materia turística.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso, para a impartición de varios cursos en materia turística.

Orzamento de licitación: catorce millóns cincocentas mil -14.500.000.- pesetas - (oitenta e sete mil cento corenta e seis con setecentos cincuenta e cinco -87.146,755 euros), no que se inclúen tódolos impostos e taxas legalmente esixibles.

Prazo de execución: desde a sinatura do contrato e ata o 30 de outubro do ano 2000.

Garantía provisional: non se esixe.

Clasificación: non se require.

Exposición dos pregos: os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexen na contratación atópanse ó dispor dos interesados no Servicio de Fomento e Promoción da Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo así como nas súas delegacións provinciais.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións faranse ata as 14 horas do décimo quinto día natural, contado desde o seguinte ó da publicación deste anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia. Os licitadores farán as súas proposicións consonte o prego de cláusulas administrativas e mailo de prescricións técnicas que rexen a contratación, e con estricta suxeición ó modelo que figura como anexo I ó referido prego de cláusulas administrativas.

Lugar e presentación de proposicións: no Rexistro Auxiliar da Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo consonte o determinado na cláusula 3.2.4 do prego de cláusulas administrativas que rexen a contratación. Así mesmo, será posible a presentación de ofertas ó abeiro do determinado no artigo 100 de Regulamento xeral de contratación.

Documentación para presentar polos licitadores: a determinada na cláusula 3.2.4 do prego de cláusulas administrativas que rexen a contratación.

Lugar e data de apertura de proposicións: na sala de xuntas da Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola mesa de contratación, e ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de solicitudes. De coincidir en sábado ou festivo a referida data, o acto de apertura terá lugar o inmediato día hábil seguinte no mesmo lugar e hora.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2000.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo