Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 19 de maio de 2000 Páx. 7.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación da resolución do procedemento sancionador de epizootias OU-T-124/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín o procedemento sancionador, que tamén se indica, por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de decembro) e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado entre outros polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE nº 174, do 21 de xuño), posto que intentada a notificación, non se puido practicar.

O importe da sanción será ingresado en calquera entidade bancaria, na conta Tesouro Facenda Galega, recadación de multas e sancións, Sanidade Agropecuaria nº 20460030284040039196 da Caixavigo e Ourense, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta delegación provincial, sita na rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6 baixo, 32003 (Ourense).

De non facelo dentro do prazo sinalado, procederáse ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Non obstante o manifestado no parágrafo anterior, contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria no prazo dun mes, segundo establece o artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, citada.

Transcorrido o prazo indicado sen formula-lo pertinente recurso, a presente resolución será firme para tódolos efectos.

Ourense, 13 de abril de 2000.

José Manuel Baltar Blanco

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-T-124/1999.

Interesado: Óscar Luis Pérez Barja.

DNI nº: 34.699.198.

Último enderezo coñecido: Camiño Caneiro, nº 16, 1º A. Ourense.

Feito denunciado: transportar no vehículo OR-5150-O tres animais da especie bovina, desde Taboadela ó matadoiro de Celanova, carecendo da folla de saneamento gandeiro e mais da tarxeta do rexistro do vehículo para transporte de gando.

Preceptos infrinxidos: artigo 52 do Regulamento de epizootias. Artigo 1 do Decreto 355/1994, do 4 de decembro (DOG nº 240, do 15 de decembro). Artigo 1 da Orde do 23 de agosto de 1995 (DOG nº 169 do 4 de setembro).

Sanción: vinte mil (20.000) ptas.