Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 19 de maio de 2000 Páx. 7.886

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2000 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, do contrato de servicios de conserxería do Instituto Nacional de Educación Física de Galicia, en Bastiagueiro, concello de Oleiros (A Coruña) e outro máis.

A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación dos contratos ó que refire esta resolución e que posúe as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato.

Contrato de servicios de conserxería do Instituto Nacional de Educación Física de Galicia, en Bastiagueiro, concello de Oleiros (A Coruña).

a) Prazo de execución: un ano, prorrogable, nas condicións que sinala o prego do cláusulas administrativas particulares.

b) O orzamento base de licitación ascende a seis millóns oitocentas dez mil pesetas (6.810.000 ptas.).

Anualidade de 2000: 4.082.339 ptas.

Anualidade de 2001: 2.727.661 ptas.

c) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación empresarial: non se esixe.

d) Garantía provisional: cento trinta e seis mil duascentas pesetas (136.200 ptas.).

3. Obxecto do contrato.

Servicios de vixilancia do Instituto Nacional de Educación Física, en Bastiagueiro, concello de Oleiros (A Coruña).

a) Prazo de execución: un ano, prorrogable, nas condicións que sinala o prego do cláusulas administrativas particulares.

b) O orzamento base de licitación ascende a seis millóns catrocentas cincuenta mil pesetas (6.450.000 pesetas).

Anualidade de 2000: 3.866.532 ptas.

Anualidade de 2001: 2.583.468 ptas.

c) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación empresarial: non se esixe.

d) Garantía provisional: cento vintenove mil pesetas (129.000 ptas.).

4. Obtención de documentación e información.

No Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26. Fax: 981 54 26 39).

Fotocopias dos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas poderán ser solicitados directamente en Xeneral Pardiñas, nº 2 de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 03 02.

5. Presentación de ofertas.

a) Data límite: ás 14 horas do décimo quinto (15) día natural posterior ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que se atopen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma e así o fagan constar na carauta do sobre A (documentación administrativa) quedarán exonerados de presenta-la documentación á que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro), modificada pola Orde do 9 de decembro de 1996 (DOG do 23).

c) Lugar de presentación: o Rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos. San Lázaro. 15890 Santiago de Compostela. Fax: 981 54 26 39), ou no xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela), ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Admisión de variantes: admitiranse as sinaladas no prego de prescricións técnicas.

6. Apertura de ofertas.

Levarase a cabo ás 9.30 horas do segundo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela).

7. Gastos de anuncios.

Será por conta do adxudicatario o custo da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, a inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2000.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte