Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 19 de maio de 2000 Páx. 7.885

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE PADRÓN

EDICTO (20/1995).

Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción Único de Padrón (A Coruña), fai saber:

Que nesta secretaría do meu cargo, e co número 20/1995, se tramita procedemento de xuízo executivo, por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, contra Fernando Caldelas Agrasar, María Soledad Paz Pardal e Estrella Pardal Buceta no que, por resolución desta data se acordou sacar a pública

poxa, por primeira vez e termo de vinte días, os bens que logo se dirán. Sinálase para que teña lugar o acto de remate na secretaría deste xulgado o vindeiro día 7 de xullo de 2000, ás 11 horas, coas prevencións seguintes:

Primeira.-Que non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da valoración.

Segunda.-Que tódolos ofertantes, con excepción do acredor, para tomaren parte na poxa, deberán consignar na conta deste xulgado no Banco Bilbao Vizcaya, Sociedad Anónima, número 1575/0000-17-20-95, unha cantidade igual, polo menos, ó 20% do valor do ben que sirva de tipo, facendo consta-lo número e o ano do procedemento, requisito sen o cal non serán admitidos, non acep

tándose entrega de diñeiro en metálico ou cheques no xulgado.

Terceira.-Unicamente o executante poderá concorrer coa calidade de lles cede-lo remate a terceiros.

Cuarta.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa realización, poderán facerse ofertas por escrito, en prego pechado, facendo o depósito ó que se fixo referencia anteriormente.

Quinta.-Os autos e certificación rexistral, que suple os títulos de propiedade, estarán de manifesto na secretaría do xulgado, onde poderán ser examinados, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación existente e que as cargas anteriores e as preferentes, se as houber, quedarán subsistentes, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate, e entenderase que o rematante as acepta e queda subrogado na responsabilidade destas.

Para o suposto de que non houbese ofertantes na primeira poxa sinálase, para a realización dunha segunda, o día 18 de setembro de 2000, ás 11 horas, para a que servirá de tipo o 75% do sinalado para a primeira poxa, sendo de aplicación as demais prevencións da primeira.

Igualmente, e para o caso de que tampouco houbese licitadores na segunda poxa, sinálase para a realización dunha terceira, o día 20 de outubro de 2000, ás 11 horas, poxa que se realizará sen suxeición a tipo, debendo consignar, quen desexe tomar parte nela, o 20% do tipo que serviu de base para a segunda.

Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non puidese realizarse a poxa no día e hora sinalados, entenderase que se realizará o día seguinte hábil, á mesma hora, exceptuándose os sábados.

Bens que se sacan a poxa:

1. Predio número un. Casa, sita no lugar da Toxa, da parroquia e concello de Pontecesures, que ocupa a superficie de 48 metros cadrados, dunha planta e en estado ruinoso, cun terreo unido destinado a horta e outros usos, que mide a superficie de tres áreas e cincuenta centiáreas. Limita o conxunto, ó norte ou esquerda, entrando, os herdeiros de Avelino Eitor, muro no medio; ó sur ou dereita, entrando, os herdeiros de Manuela Méndez; ó leste ou costas, os herdeiros de Francisco Ferreira, e ó oeste ou fronte, camiño de carro.

Tal e como se describe, non figura inscrita no Rexistro da Propiedade.

Taxada para efectos de poxa na cantidade de 4.875.000 pesetas.

Estando os debedores en ignorado paradoiro, este edicto serviralles de notificación.

Padrón, 25 de abril de 2000.

O secretario

Rubricado