Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 18 de maio de 2000 Páx. 7.835

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

EDICTO.

Aprobados inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión do 6 de abril de 2000, os proxectos técnicos das obras de Inst. Elect. iluminación pública Piloño, e parque público Vila de Cruces, redactados polo enxeñeiro industrial Eliseo Diéguez García e polo enxeñeiro técnico agrícola Manuel Souto López, respectivamente, quedan expostos ó público na secretaría deste concello, durante o prazo de quince días hábiles, que empezarán a contarse desde o día seguinte ó da inserción do presente edicto no BOP, para efectos de exame e reclamacións.

Na mesma sesión tamén se aprobaron os pregos de cláusulas administrativas que rexerán o concurso público e procedemento aberto da obra de parque público Vila de Cruces, expoñéndose ó público por un prazo de oito días hábiles, para os efectos de que os interesados poidan examinalos e formula-las alegación que consideren oportunas. Á súa vez convócase licitación pública para a adxudicación da citada obra, que quedaría aprazada no suposto de presentarse reclamacións ó proxecto técnico ou prego, restablecéndose, o que reste, a partir do día seguinte ó da resolución das reclamacións.

Obxecto do contrato: é a adxudicación, mediante concurso polo procedemento aberto, da obra de parque público Vila de Cruces.

Tipo de licitación: é de 7.983.147 ptas., con IVE incluído.

Prazo de execución: 4 meses.

Garantías: a provisional establécese en 159.663 ptas., e a definitiva igual ó 4% do importe de adxudicación.

Prazo de presentación de proposicións: presentaranse na secretaría do concello, de 9 a 13 horas, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

Apertura de plicas: terá lugar ás nove horas do primeiro día hábil seguinte ó que termine o prazo de presentación de proposicións. Se este fose sábado, terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Criterios de adxudicación: serán os fixados na cláusula 2ª do prego de condicións.

Modelo de proposición: o recollido na correspondente cláusula do prego. Os licitadores presentarán simultaneamente coa proposición e en sobre pechado os documentos que se indican na referida cláusula.

Gastos: serán por conta do adxudicatario os gastos dos anuncios, así como todos os derivados do contrato.

Vila de Cruces, 10 de abril de 2000.

O alcalde-presidente

Rubridado