Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 17 de maio de 2000 Páx. 7.777

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/63-2, 5188 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas-Galaico Asturianas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: cambio tensión a 20 kV zona do parque Rosalía Castro (Lugo).

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea C.T. Goberno Civil-C.T. rúa Vilalba-C.T. Recatelo-C.T. rúa Ribadeo-C.T. parque Rosalía Castro-C.T. praza de Avilés-C.T. Politécnico-C.T. Feiral, de 850 m, a 20 kV baixo tubo de polietileno en conductor R.H.V. Reforma do C.T.I. da rúa Vilalba (Lugo) e 60+400 kVA e relación 20.000/420-270 V e 20.000/420 V respectivamente. Reforma do C.T.I. da rúa Ribadeo (Lugo) de 400 kVA e relación 20.000/420 V. Reforma C.T.I. do parque Rosalía de Castro (Lugo) de 630 kVA e relación 20.000/420-270 V. Reforma do C.T.I. da praza Avilés (Lugo) de 630+630 kVA e relación 20.000/420-270 V e 20.000/420 V respectivamente.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Lugo, 13 de marzo de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo