Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 17 de maio de 2000 Páx. 7.777

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/38-2, 5370 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Ceranzos e Prada.

Situación: Xove.

Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV en conductor LA-56 de 1.046 m de lonxitude con orixe en L.M.T. Illade-Vilapol e fin no C.T. de Ceranzos. C.T. Ceranzos de 160 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. C.T. Prada de 160 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T. en conductor R.Z. de 1.800 m de lonxitude total.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 8 de marzo de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo