Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 17 de maio de 2000 Páx. 7.768

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Servimgal, S.L.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Servimgal, S.L., con nº de código 3602822, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 23-3-2000, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, en data 21-3-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de

maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 10 de abril de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Vigo

Convenio colectivo para a empresa Servimgal, S.L. anos 1999-2000

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Partes contratantes.

O presente convenio colectivo foi negociado e subscrito pola empresa Servimgal S.L. e os seus delegados/as de persoal, co ámbito territorial e persoal que máis abaixo se indica.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

O ámbito territorial do convenio é o do centro de traballo da empresa Servimgal, S.L., existente na actualidade na provincia de Pontevedra.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

O convenio afecta a totalidade do persoal de lavandería pertencente ó cadro de persoal da empresa, coas excepcións que a normativa vixente prevé.

Artigo 4º.-Vixencia e duración.

O convenio entrará en vigor o día do seu asinamento sen perxuízo do cal as condicións económicas serán aplicadas a partir do 1 de xaneiro de 1999.

Terá unha vixencia de dous anos, que expirará o 31 de decembro de 2000.

Artigo 5º.-Prórroga e denuncia.

Este convenio quedará automaticamente denunciado dous meses antes do seu vencemento. Non obstante, subsistirán os seus preceptos ata a entrada en vigor do que o substitúa.

Artigo 6º.-Condicións e compensación de melloras.

As condicións contidas neste convenio colectivo establécense con carácter de mínimas.

Tódalas melloras que se implanten por normas legais ou outras serán compensables e absorbibles ata onde alcancen, cos aumentos e melloras existentes ou que poidan establecerse no futuro, sempre que en cómputo anual a suma das condicións do convenio sexan máis beneficiosas.

Artigo 7º.-Comisión paritaria.

De acordo coa lexislación vixente, crearase unha comisión paritaria para a interpretación do convenido, composta por tres membros da representación dos traballadores/as e tres da empresa.

A propia comisión establecerá as normas de funcionamento.

Persoal

Artigo 8º.-Cadro de persoal.

A empresa dará a coñecer no transcurso do mes de febreiro de cada ano un rexistro do persoal ó seu servicio ordenado polo seu número e facendo consta-los seguintes datos: nome e número do traballador/a, categoría laboral e a sua antigüidade nela, profesión ou oficio e servicio no que traballa.

Estes datos referiranse á situación laboral e profesional dos traballadores/as o 1 de xaneiro de cada ano de publicación no rexistro.

Artigo 9º.-Categorías.

* Técnico/a grao medio electrónico.

* Encargado/a.

* Xefe/a de equipo.

* Oficial administrativo/a.

* Auxiliar administrativo/a.

* Oficial 1ª lavandería.

* Oficial 2ª lavandería ou oficial 2ª conductor/a.

* Especialista oficial 3ª ou axudante/a lavandería e sereno/a.

* Peón mozo/a reparto.

Artigo 10º.-Mobilidade funcional.

A empresa, en caso de necesidade xustificada, pode encomendar tarefas correspondentes a categoría inferior á aquela pola que está contratado o traballador/a, limitándoa temporalmente; neste caso o traballador/a recibirá a retribución correspondente á categoría pola que está contratado/a. En todo caso, a empresa non poderá encomenda-la realización das tarefas descritas por un prazo superior a tres meses.

Se se lle encomendase ó traballador/a o desempeño de funcións correspondentes a categorías superiores, percibirá o salario correspondente á categoría na cal realice as súas funcións. Transcorridos seis meses desde que comezou o desempeño de tales funcións, consolidarase o ascenso para tódolos efectos.

Artigo 11º.-Formación.

Constituirase unha comisión de formación, composta por un delegado/a do personal e un membro da dirección.

Facer un estudio de necesidades. Os delegados/as deberán realizar un informe anual do estudio de necesidades da empresa, co fin de detectar qué formación se necesita e qué tipo de curso se debe realizar.

Unha vez detectadas as necesidades e definidos os cursos que se deberán impartir, elaborarase un informe que determine o nivel de prioridades deles e por grupo de necesidade.

Os delegados/as deberán elabora-los programas dos cursos, xunto coa empresa.

Artigo 12º.-Ascensos.

Tódalas vacantes que se produzan na empresa cubriranse en primeiro lugar mediante o sistema de ascensos, por consenso cos criterios que se marquen.

Os delegados/as de personal deberán participar no concurso para cubri-las vacantes por ascensos, tanto no proceso de valoración dos méritos e probas como na súa cualificación das mesmas.

Artigo 13º.-Persoal de novo ingreso (período de proba).

Ó personal de novo ingreso faráselle un contrato de traballo por escrito, debendo quedar no seu poder unha copia del.

Os períodos de proba para o persoal de novo ingreso, serán os seguintes:

-Persoal técnico: 2 meses.

-Persoal administrativo e de recibo e entrega: 15 días.

-Persoal subalterno: 15 días.

-Persoal restante: 15 días.

Artigo 14º.-Contratación de novo persoal e medidas de fomento de emprego.

A empresa comunicaralles ós representantes dos traballadores/as, con suficiente antelación, a súa intención de contratar novo persoal, sexa eventual ou fixo, para efectos de que, en igualdade de condicións, se lles poida dar preferencia ós familiares dos traballadores/as.

Co fin de fomenta-la contratación e debido ós límites a ésta impostos a causa das últimas modificacións lexislativas, as partes acordan que a duración máxima do contrato eventual por circunstancias da producción será de doce meses nun período de quince meses.

Réxime de traballo

Artigo 15º.-Xornada.

Establécese que a xornada será a mesma en días laborables e horas efectivas de traballo para todo o persoal.

O número de horas será de 40 horas semanais coas horas de descanso que establece a lei.

Sempre que se poida, realizarase a xornada continua. Esta non poderá exceder de 7 horas diarias, mediando entre xornada e xornada 12 horas ininterrompidas de descanso.

En caso de xornada continua terase dereito a un descanso para bocadillo de 25 minutos, que serán contabilizados como xornada efectiva.

A xornada de traballo estará abranguida entre luns e sábado e con tres quendas rotativas e un día e medio de descanso semanal ininterrompido. O cadro horario confeccionarase nos primeiros días de xaneiro, coa conformidade dos delegados/as dos traballadores/as.

Artigo 16º.-Traballo nocturno.

As horas traballadas durante o período abranguido entre as dez da noite e as seis da mañá, terán unha

retribución específica incrementada nun 30 por 100 sobre o salario base de cada traballador/a e percibirase sobre as horas efectivas traballadas.

Para cubri-las necesidades da quenda de noite recorrerase preferentemente a persoal voluntario.

Artigo 17º.-Vacacións.

O período de vacacións será do mes natural no que se desfrute.

O calendario onde consten as vacacións do persoal laboral fixarase antes do 31 de marzo, elaborándose de mutuo acordo entre a empresa e os representantes dos traballadores/as, sendo estas obrigatoriamente rotativas.

Se ó inicio das vacacións un traballador/a estivese de baixa por accidente de traballo, enfermidade grave ou enfermidade con hospitalización, entendendo esta dentro do período de baixa terá dereito ó desfrute delas ó mes seguinte da súa incorporación ó traballo.

As vacacións desfrutaranse no período abranguido entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, ambos inclusive. O inicio de las non pode coincidir cun día de descanso ou festivo; por iso iniciaranse sempre en día laborable.

Os traballadores/as que desfruten as súas vacacións por necesidade da empresa nun mes distintos dos abranguidos no período descrito terán dereito a unha bolsa de vacacións, cun importe mínimo que se fixa en 12.780 pesetas.

Artigo 18º.-Licencias.

O traballador/a, logo de aviso e xustificación poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, incluída prima media mensual para o persoal horario, polo tempo e os motivos seguintes:

Casamento: 15 días naturais.

Nacemento de fillo ou adopción legal: 3 días laborables que se poderán desfrutar dentro dos sete días seguintes ó parto. No caso de necesidade de desprazamento a distancia superior á da provincia, serán 4 días laborables.

Falecemento:

-De pais, fillos o cónxuxe do traballador/a: 4 días naturais.

-De avós, netos e irmáns do traballador/a: 3 días naturais.

-De pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe: 2 días naturais.

Se existe necesidade de desprazamento a distancia superior á da provincia, corresponderán 2 días naturais máis.

Para efectos de cómputo dos días de permiso por falecemento, considerarase que:

* Computarase como de permiso o día do falecemento se este se producise antes de transcorrida a metade da xornada laborable do traballador/a.

* Se o falecemento se produce en día non laborable para o traballador/a, computarase como día de permiso no caso de que o falecemento tivese lugar antes das 12 horas.

Enfermidade grave:

-De pais, fillos e cónxuxe do traballador/a: 3 días naturais. En caso de necesidade de desprazamento a distancia superior á da provincia, corresponderá dous días máis.

-De avós, netos e irmáns do traballador/a: 2 días naturais.

-De pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe: 2 días naturais.

-Operación cirúrxica: o tempo dela sexa cal sexa a operación.

Nestes últimos casos se existe necesidade de desprazamento a distancia superior á da provincia corresponderán 2 días naturais máis.

A referencia a cónxuxe nos permisos antes citados, faise extensiva á persoa que conviva maritalmente co traballador/a, que acredite a súa situación de convivencia mediante certificado do concello, libro de familia ou documento substitutorio.

Casamento:

-De pais, fillos, irmáns e netos: 1 día natural.

Traslado de domicilio: 2 días naturais.

Cumprimento de deber público: polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, con posterior xustificación.

Exames:

-Os traballadores/as matriculados en centros oficiais ou recoñecidos polo MEC, que cursen con regularidade estudios para a obtención dun título académico ou profesional, a teor da Lei xeral de educación, terán dereito ós permisos necesarios para concorren ós exames correspondentes.

Asuntos propios: 2 días naturais ó ano a partir do ano 1999 e 2000.

Artigo 19º.-Excedencias.

1. O traballador/a con polo menos unha antigüidade na empresa dun ano ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia coa conservación do posto de traballo por prazo non menor dun ano e non maior de tres. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador/a se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

2. Para cursar estudios por tempo superior a 1 ano e inferior a 5 anos. Este período só poderá ser desfrutado outra vez polo traballador/a, se transcorreron 4 anos desde o final doutra excedencia, xa sexa voluntaria ou especial.

3. Cando concorran circunstancias de enfermidade grave de longa duración ou defunción do cónxuxe ou familiares abranguidos no 1º grao de consanguinidade e se acredite a necesidade de atender persoalmente as consecuencias derivadas daquelas situacións.

Esta excedencia non será inferior a 3 meses nin superior a 1 ano.

4. Cando o cónxuxe sexa trasladado por razóns laborais a un centro de traballo fóra da provincia onde

o traballador/a preste os seus servicios. Esta excedencia non poderá ser inferior a 6 meses nin superior a 2 anos.

5. Cando opten por seguir un tratamento baixo vixilancia médica por razóns de alcoholemia ou toxicomanía. Esta excedencia non poderá ser superior a 1 ano e só poderá solicitarse unha vez. Para reintegrarse deberá acreditarse o rigoroso seguimento do tratamento.

As excedencias citadas non computarán ningunha antigüidade.

A comunicación para reintegrarse á empresa deberá formularse por escrito e cun mes de antelación á data do remate da excedencia.

Artigo 20º.-Execedencia para o coidado dos fillos.

Os traballadores/as fixos/as con polo menos un ano de antigüidade, terán dereito a solicitar unha excedencia especial, con reserva do posto de traballo, para o coidado persoal e directo dos fillos menores de 4 anos, tanto cando o sexa por natureza como por adopción.

Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito. A dita situación de excedencia non poderá exceder para efectos de antigüidade e de cotización á Seguridade Social de tres anos.

Artigo 21º.-Servicio militar ou prestación social.

O traballador que pase a presta-lo servicio militar activo terá dereito á reserva do seu posto de traballo, e cómputo de antigüidade, comunicándolle este á empresa nos dous meses anteriores a súa intención de reincorporarse ó traballo.

Réxime de retribucións

Artigo 22º.-Retribucións.

As retribucións entenderanse sobre xornada completa, realizándose o aboamento por meses dentro dos 3 primeiros días do mes seguinte como máximo.

As retribucións para o ano 1999 e 2000 fíxanse na táboa anexa.

O traballador/a terá dereito a percibir anticipos á conta do traballo realizado e ata o 90% da retribución devengada.

Dentro do salario, para efectos de definición, distinguiranse os seguintes conceptos remunerativos:

a) Soldo base: cantidade mínima diaria garantida ó traballador/a que efectúe o seu traballo co rendemento normal segundo queda definido no presente convenio.

b) Soldo: cantidade mínima mensual garantida ó traballador/a que preste o seu traballo polo rendemento normal, segundo queda definido no presente convenio.

c) Xornal: importe total das retribucións que por calquera concepto perciba o traballador/a.

d) Prima: entenderanse por tales as cantidades de diñeiro que estableza a empresa para fomentar e premia-la productividade acadada polo traballador, ou o aumento de producción no sistema de control, e aplicarase o que marca este convenio.

Artigo 23º.-Pagas extraordinarias.

Os traballadores/as percibirán dúas gratificacións extraordinarias, que se aboarán nos meses de xuño e decembro, con anterioridade ó día 30 de xuño e15 de decembro. O importe de cada unha das pagas será dunha mensualidade de salario base convenio, aplicando o que corresponda a cada un dos niveis, mailo importe dunha mensualidade do complemento de antigüidade. Estas pagas percibiranse íntegras independentemente de que o traballador/a estivera en situación de IT en calquera das súas modalidades durante o período de devengo delas.

Artigo 24º.-Complementos.

Antigüidade: todo o persoal afectado por este convenio percibirá un premio por antigüidade polo importe de 4 % do seu salario base por cada trienio cumprido.

Transporte: fíxase un complemento de transporte na contía de 7.000 pesetas, que será igual para tódalas categorías e se aboará nas doce mensualidades.

Artigo 25º.-Horas extraordinarias.

O pagamento da hora extraordinaria normal será de 650 ptas./hora, nocturnas 900 ptas./hora, festivos 1.100 ptas./hora.

Os representantes dos traballadores/as recibirán periodicamente información do número de horas realizadas por traballador/a e por departamento.

Artigo 26º.-Adaptación do persoal con capacidade disminuída.

O personal que, por deficiencia das súas condicións físicas ou por outras circunstancias, non estea en situación de dar rendemento normal na súa categoría, pasará a outro traballo e respectaráselle o salario que tivese acreditado antes de pasar á dita situación.

Artigo 27º.-Incapacidade transitoria.

Nos períodos de baixa por accidente de traballo, hospitalización e convalecencia ata 15 días, o traballador/a terá dereito a que a empresa complete ó seu cargo exclusivo as prestacións da Seguridade Social, de forma que o traballador/a perciba durante os días de baixa o 100% do salario máis antigüidade, complemento transporte, complemento de penosidade e nocturnidade, tanto se o traballador/a é substituído como se non o é.

Melloras sociais

Artigo 28º.-Seguros.

Contratarase un seguro colectivo de vida con cargo á empresa, e que abrangue todo o personal dela. O capital asegurado será equivalente ó salario anual, tomando o nivel do 1 de xaneiro de cada ano.

As coberturas deste seguro serán:

a) Morte por accidente incluído in itínere.

b) Invalidez permanete absoluta: derivada de enfermidade profesional.

c) Gran invalidez: aboamento do capital asegurado derivado de enfermidade profesional.

Artigo 29º.-Roupa de traballo.

A empresa facilitaralle ó persoal a correspondente roupa de traballo. Serán entregados dous equipos completos ó ano, con calzado incluído. Estes serán entregados no verán e no inverno.

Artigo 30º.-Recoñecementos médicos.

Todo o persoal someterase a unha revisión médica e xinecolóxica anual obrigatoria, que será por conta da empresa.

O resultado do dito recoñecemento será entregado a cada traballador/a.

Artigo 31º.-Saúde laboral.

Nomearase un comité de saúde laboral con tódalas demais normas contidas segundo a Lei 31/1995, de riscos laborais.

Artigo 32º.-Acción sindical.

Os delegados/as de personal terán dereito a:

1. Seren informados pola dirección da empresa periodicamente, sobre a evolución xeral, situación da producción, programa de producción e evolución probable do emprego.

2. Anualmente coñece-lo balance, a conta de resultados e a memoria.

3. A empresa informará previamente sobre sancións por faltas graves e en especial en supostos de despedimento.

4. A empresa facilitaralles ós delegados/as de persoal o modelo ou modelos de contrato de traballo que habitualmente utilice; igualmente facilitaralles unha copia básica de tódolos contratos que se realicen.

5. Existirá un taboleiro de anuncios, que porá a empresa, para que os delegados/as de persoal poidan publicar, inserir, etc.

6. Os representantes dos traballadores/as deberán emitir informe previo e participar nas seguintes cuestións:

a) Os delegados/as de persoal non poderán ser discriminados na súa promoción económica ou profesional por causas ou en razón do desempeño da súa función.

b) Poderán exerce-la liberdade de expresión no interior da empresa nas materias propias da súa representación, podendo publicar ou distribuír, sen perturba-lo normal desenvolvemento do proceso productivo, aquelas publicacións de interese laboral ou social, e exercerá tales tarefas de acordo coa normativa legal vixente para o efecto.

Artigo 33º.-Asemblea de traballadores.

Os traballadores/as terán dereito a reunirse en asemblea unha vez ó mes e por un tempo máximo dunha hora durante a xornada, debéndolle comunicar a esta a súa realización cunha antelación de 48 horas, salvo situación de excepción, sempre de mutuo acordo coa empresa.

Artigo 34º.-Vestiarios.

A empresa está obrigada a facilitar unha zona de vestiarios independentemente para homes e mulleres, con duchas e armarios e o que establece a Lei de saúde laboral.

Táboa salarial anos 1999 e 2000

Ano 1999Ano 2000

CategoríaSalario

base

Compl.

Pen./Perig.

Salario

base

Compl.

Pen./Perig.

Encargado/a xeral104.229109.323
Técnico/a grao medio104.229109.323
Xefe/a de equipo87.56991.772
Oficial administrativo/a86.50190.653
Auxiliar administrativo/a74.75478.342
Oficial 1ª lavandería85.30710.11185.30714.712
Oficial 2ª lavandería

Oficial 2ª conductor/a

80.09383.937
Especialista, oficial 3ª, axudante

lavandería, sereno/a

71.55175.000
Peón, mozo/a reparto69.41472.745