Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2000 Páx. 7.760

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061

CONTRATACIÓN de servicio.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 precisa contratar doce ambulancias asistenciais.

Que se situarán nos seguintes lugares: Vigo, A Coruña, Silleda, O Grove, Santa Comba, Ourense, Lugo, Pontevedra, Santiago de Compostela, Viana do Bolo, Carballo e Bueu.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, sita en Hospital Psiquiátrico de Conxo, praza Martín Herrera, nº 2, 2ª planta. 15706 Santiago de Compostela, das 8 ás 12 horas, ata o 2 de xuño de 2000 (incluído).

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas de Urxencias Sanitarias 061 de Galicia, a partir do día 15 de maio, no horario e prazo sinalados ou no teléfono 981 54 67 64.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2000.

Carmen Rial Lobatón

Directora da Fundación Pública Urxencias

Sanitarias de Galicia-061