Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2000 Páx. 7.760

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS GALEGOS DO CAMIÑO FRANCÉS

INFORMACIÓN pública da comisión xestora.

Aprobados provisionalmente os estatutos da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, por medio do presente edicto e en cumprimento do establecido polo artigo 140.1º da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, sométense á información pública polo prazo dun mes, durante o que os interesados poderán formula-las observacións e suxestións que estimen precisas.

As observacións e suxestións formularanse por escrito dirixido ó presidente da Comisión Xestora con sede no Concello de Monterroso, praza de Galicia, nº 1, CP 27560 Monterroso (Lugo).

Monterroso, 17 de abril de 2000.

Antonio Edelmiro Gato Soengas

Presidente da Comisión Xestora