Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2000 Páx. 7.662

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello de Lugo, na sesión ordinaria do día 5 de abril de 2000, aprobou inicialmente o proxecto de obras ordinarias na calzada das Gándaras, s/n, por solicitude de Mercedes Doel Teijeiro.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla número 197), e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 11 de abril de 2000.

Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1999)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado de Área