Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2000 Páx. 7.662

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA LARACHA

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2000 pola que se anuncia a contratación das obras travesía avenida de Bergantiños-Paiosaco, polo procedemento ordinario e poxa, que figura no POS-2000.

De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP anúnciase poxa por procedemento aberto para adxudica-las obras de travesía da avenida de Bergantiños-Paiosaco, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a execución da obra travesía da avenida de Bergantiños-Paiosaco.

2. Duración do contrato: seis meses.

3. Tipo da licitación: 29.359.779 pesetas.

4. Pregos que rexerán a licitación: o aprobado polo pleno da deputación o 31-3-2000 e publicado no BOP nº 77, do 3 de abril.

4. Pagamento: o pagamento farao efectivo pola deputación e Estado.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento da licitación.

6. Garantía definitiva: 4% do prezo da adxudicación.

7. Presentación de proposicións: vinteseis días naturais seguintes á publicación do anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

8. Apertura de plicas: terá lugar o quinto día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación das solicitudes.

9. Categoría do contratista: grupo G, subgrupo 6, categoría C.

10. Modelo de proposta:

Don/Dona... con domicilio en... rúa... número... con DNI (ou pasaporte, ou documento co substitúa) número... actuando no seu propio nome (ou en representación de DNI ou CIF e con domicilio en... número... teléfono...) toma parte na poxa con procedemento aberto para adxudicación das obras comprendidas no proxecto travesía da avenida de Bergantiños-Paiosaco, para o cal fai constar:

1º Que ofrece o prezo de..., IVE incluído, que significa unha baixa de... en relación co tipo da licitación.

2º Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven das cláusulas administrativas particulares do presente contrato.

3º Que achega a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares do presente contrato.

Laracha, 14 de abril de 2000.

Rubricado