Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2000 Páx. 7.644

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 2 de maio de 2000 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Asesoría Xurídica do Servicio Galego de Saúde da Coruña.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Asesoría Xurídica do Servicio Galego de Saúde da Coruña, por Orde do 3 de marzo de 2000 (DOG nº 54, do 17 de marzo), en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se relaciona no anexo da presente orde.

Segundo.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro.-A xefatura do centro no que cause baixa o funcionario, así como daquel no que obteña praza consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública e á Inspección Xeral de Servicios.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia; de conformidade co disposto no artigo 116 da Ley 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición na que teña o seu enderzo o demandante ou ben no

da Coruña, á súa elección, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Número de rexistro: 3277665968A2071.

Apelidos e nome: Barreiro Díaz, José María.

Posto de traballo: letrado asesor.

Código posto: SA.S99.10.002.15001.005.

Centro directivo: Asesoría Xurídica do Servicio Galego de Saúde.

Localidade: A Coruña.

Tipo de posto: S.

Grupo: A.

Corpo ou escala: superior/escala de letrados.

Nivel de C. destino: 28.