Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2000 Páx. 7.581

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 102/2000, do 27 de abril, polo que se dispón o cesamento e o nomeamento de varios membros da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga).

A Lei 12/1993, do 6 de agosto, de fomento da investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia crea, no artigo 11.1º, a Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga), como órgano encargado da planificación, elaboración, coordinación e seguimento do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

O Decreto 483/1997, do 26 de decembro, establece a nova composición da Cicetga co fin de adaptala á nova configuración dos departamentos que integran a Xunta de Galicia, establecida polo Decreto 347/1997, do 9 de decembro, e polo Decreto 350/1997, do 10 de decembro, polo que se determinan os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

Como consecuencia dos cambios habidos nos representantes da Secretaría Xeral para as Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior, na Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos en representación da Consellería da Presidencia e Administración Pública e na Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual en representación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, procede actualiza-la composición da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, en uso das atribucións que lle confire a Lei 1/1993, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintesete de abril de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O cesamento dos seguintes vocais da Cicetga por non seguir nos seus respectivos cargos, agradecéndolle-los servicios prestados:

-Juan Rodríguez Yuste que, na súa condición de secretario xeral, figuraba en representación da Secretaría Xeral para as Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior.

-José María Matías Fernández que, na súa condición de director xeral de Organización e Sistemas Informáticos, figuraba en representación da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-José Manuel Soto Vázquez que, na súa condición de director xeral de Comunicación Social e Audiovisual, figuraba en representación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Artigo 2º

O nomeamento dos seguintes vocais da Cicetga, en substitución dos anteriores representantes:

-Jesús Mª Gamallo Aller, secretario xeral para as Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior, en representación da Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior.

-Javier Franco Tubío, director xeral de Organización e Sistemas Informáticos, en representación da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Rosanna López Salgueiro, directora xeral de Comunicación Social e Audiovisual, en representación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2000.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública