Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2000 Páx. 7.572

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO de licitación.

Resolución do Concello de Cervo pola que se fai pública a convocatoria de licitación para adxudicar, polo procedemento aberto e urxente, na modalidade de concurso público, a obra denominada iluminación pública e accesos a núcleos de poboación de Gondrás, San Román de Vilaestrofe, Rúa e outros.

Para dar cumprimento ó disposto no artigo 326 da Lei de Administración local de Galicia faise público que comeza o antedito proceso de licitación.

Obxecto do contrato: execución das ditas obras segundo a memoria técnica aprobada pola Corporación e que estará á disposición, xunto co prego de cláusulas administrativas, dos interesados.

Procedemento e forma de adxudicación: procedemento aberto. Tramitación urxente. Forma concurso.

Tipo de licitación: é de 6.800.000 ptas. IVE e demais tributos e gastos incluídos.

O financiamento das obras será con cargo ás contribucións económicas recollidas no Plan de Cooperación ás Obras e Servicios de competencia municipal para o ano 2000.

O prego de cláusulas administrativas e o proxecto técnico estará á disposición dos interesados nas oficinas municipais. O prazo para presentar propostas estará determinado pola publicación do anuncio de licitación, en modelo normalizado, no BOP (Lugo).

Para máis información chamar o teléfono: 982 55 77 77 en horario de oficinas.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Cervo, 11 de abril de 2000.

José Insua Pernas

Alcalde