Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2000 Páx. 7.557

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para a execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 92/2000).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, (BOE do 28), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE 24), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de

utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións de:

Substitución do apoio nº 332 e do vao correspondente ata o pórtico subestación da liña de alta tensión a 200 kV. Mesón/Sabón-A Grela, instalándose:

-Novo apoio metálico de celosía para paso aéreo a subterráneo da liña Mesón-A Grela, que vén de Belesar (expediente 8815) e da liña Sabón-A Grela que vén de Portodemouros (expediente 15939) e dobre circuíto subterráneo, baixo tubo e con conductor R.H.E. 127/220 kV de 1.200 mm Al, pantalla de Cu e illamento XLPE de 350 m de lonxitude, coa orixe no apoio citado e final na nova subestación da Grela, que se vai instalar. Coa finalidade de mellora-la calidade de subministración eléctrica na área da Coruña. No termo municipal da Coruña. (Expediente 92/2000).

O que se fai público para coñecemento xeral en especial dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución,

así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta delgación provincial, situada no edificio administrativo de Monelos s/n, 15701 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte á última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 14 de abril de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Nº expediente: 92/2000Termo municipal: A Coruña.

Denominación: L.A.T. 220 kV Mesón/Sabón-A GrelaProvincia: A Coruña

PrediosPropietariosAfección ocupación temporalAfección servidume

SoloSolo

LugarCultivoNome, apelidos e enderezoNº apoiom apoioAcceso mlAcceso mNº apoiom apoioCanalización mlCanalización m

1CaldapiaIncultoÁngeles Díaz Perillo

r/ Almirante Mourelle, 10-1

15011 A Coruña

332 A36

300

1.200

332 bis

100

90

360

332 B36

José Leira Díaz

Rúa Icaria, 28, 15173 Oleiros

Carlos Leira Díaz

R/ Archer Milton Huntigton, 13-15, 3º A

15011 A Coruña

Antonio Leira Díaz

R/ Archer Milton Huntigton, 13-15, 9º A

15011 A Coruña

Mª del Carmen Leira Díaz

Narón