Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: recuamento L.M.T., C.P. Pedalama.
Situación: Tordoia.
Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 200 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Pontepedra e final na mesma liña, unha vez contorneando en subterráneo o colexio público Pedalama. Tordoia.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 11 de abril de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña