Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2000 Páx. 7.556

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/86-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C. seccionamento no polígono A Granxa-parcela MXIX.

Situación: O Porriño.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 2.182 m de lonxitude, desde a Galería ó C.T. N.1 do polígono ata o C.T. N.6 do mencionado polígono. L.M.T., subterránea, a 15 kV de 290 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. ATI 702, entre os CC.TT. N.5 e 6 do polígono A Granxa ata o C. de seccionamento que se proxecta no C.T. de Granitos Ibéricos. C. de reflexión situado no C.T. N.6 do polígono A Granxa. C. seccionamento de Granitos Ibéricos situado na parcela MXIX do polígono A Granxa. Toda a instalación está situada no concello do Porriño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 6 de abril de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra