Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e centro de reparto na Gándara.
Situación: concello do Porriño.
Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV con conductor tipo R.H.V. de 0,19 km de lonxitude, con orixe no centro de reparto proxectado na Gándara e final nos apoios de formigón existentes das liñas ATI 7.08 e ATI 7.17 na Gándara, concello do Porriño. Centro de reparto con 4 celas de liña motorizadas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 6 de abril de 2000.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra