Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2000 Páx. 7.552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 12 de abril de 2000, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan liquidacións provisionais do imposto de patrimonio, pendentes de notificar e se emprazan as interesadas que se sinalan para seren notificadas por comparecencia (Álvarez Alonso, M. Ángeles e outra máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse: liquidacións provisionais do imposto de patrimonio, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse as interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 123 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións), con domicilio na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 12 de abril de 2000.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Álvarez Alonso, M. Ángeles

DNI: 09.697.467T

Menéndez Pelayo, edificio Paular, 16, 5º

Vigo

Imposto sobre patrimonio exercicio 1994. Exp.: 10042-73/94 Z-1968/98.

Doc.: 714500627865

Iglesias Castaño, M. Teresa Concepción

DNI: 36.019.046B

Avenida Camelias, 54, 2º

Vigo

Imposto sobre patrimonio exercicio 1994. Exp.: 10044-19/94. Z-1969/98.

Doc.: 714501801308