Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2000 Páx. 7.551

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 12 de abril de 2000, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan liquidacións de xuros de demora, pendentes de notificar e se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia (Ubeira Otero, Beatriz).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse: liquidacións de xuros de demora, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 61 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións), con domicilio na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 12 de abril de 2000.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Ubeira Otero, Beatriz

DNI: 76.905.902C

Avenida Castrelos, 9, 3º C

Vigo

Imposto de sucesións e doazóns suspensión liquidación. S-117/94. Exp.: S-2446/91 Z-1826/99. Doc.: 000990012079