Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2000 Páx. 7.520

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio desta resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:

ObraOrzamento

contrata

Prazo

execución

Clasificación

esixida

Conservación anual: reparación de vías nos concellos de Lourenzá e Barreiros.22.646.6281 anoGrupo G

Subgrupo 6

Categoría C

Nº 51/P.O.S. 2000 Navia de Suarna: Acondc. C.L. do C. Louxas-Valdeferreiros por Sinada á C. Barcia-Castañedo, p.k. 0 a 3,400.10.440.0009 mesesNon se esixe

Nº 2/P.O.L. 2000 Baleira: abastecemento auga a Pandelo e conducción a Carballoguidín e Vilarín.10.000.0004 mesesNon se esixe

Nº 7/P.O.L. 2000 Carballedo: abastecemento auga núcleos de Trasar de Carballo, Trasar de Sabugueiro,

o Cotarelo, Outeiro, Sta. Mariña, Cas de Pedro e Loureiro.

10.000.0004 mesesNon se esixe

Nº 8/P.O.L. 2000 Castro de Rei: mellora da rede de abastecemento de auga na vila de Castro de Ribeiras de Lea e ampliación a barrios de Duarría.10.000.0003 mesesNon se esixe

Nº 28/P.O.L. 2000 Corgo: saneamento e abastecemento auga en Escoureda á marxe Esquda. C. 546 entre os ríos Tordea e Neira.10.000.0003 mesesNon se esixe

Características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Deputación de Lugo.

b) Dependencia: Servicio de Plans e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O que se sinala ó comezo do anuncio.

5. Garantías.

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o mesmo orzamento.

Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na Tesourería Provincial.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Deputación de Lugo.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Teléfono: 982 25 10 42.

e) Fax: 982 25 10 42.

f) Data límite de obtención de documentación: ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: a que se sinala no encabezamento (de ser esixible).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia; se o último día coincide en domingo ou festivo, o día seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica «Contido de proposicións».

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral, das 10 ás 14 horas.

Entidade: Deputación de Lugo.

Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado de conservación anual; no resto das obras poderase rebaixa-lo prazo de execución.

Esixirase rigorosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista, e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.

f) A verificación da suficiencia de poderes farase especificamente para este concurso.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Deputación de Lugo.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación agás os sábados.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións.

Nos teléfonos indicados.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 28 de abril de 2000

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo