Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2000 Páx. 7.519

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO do trámite de información pública do proxecto de compensación da U.E. IV-12 Ramón Nieto, 6 (exp. 4166/401).

Sométese ó trámite de información pública o proxecto de compensación da U.E. IV-12 Ramón Nieto, 6, presentado pola entidade Pirsa O Grove, S.A. polo prazo de vinte días, mediante inserción de anuncio no DOG, segundo o establecido no artigo 102 da Lei 1/1997, de 24 de marzo, do solo de Galicia.

Signifícase que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a data de publicación do devandito anuncio.

A documentación atópase na oficina de información pública da Xerencia Municipal de Urbanismo, sita na planta baixa da xerencia.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignora-lo seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 27 de abril de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo