Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2000 Páx. 7.519

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, con data do 3 de abril de 2000, acordou, pola vía do artigo 34 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (LSG), co gallo da redacción do proxecto de modificación puntual do PXOU (acordo plenario do 7 de febreiro de 2000), no tramo da avenida da Duquesa de Lugo comprendido entre a rúa Monte Faro e o polígono do Ceao, e para os efectos de modifica-la súa largura, igualándoa coa do resto da vía, a suspensión precautoria do procedemento de outorgamento de licencias de parcelamento de terreos, edificación e demolición polo prazo dun ano na zona grafada nos planos que figuran no expediente e que a continuación se describen. E isto co fin de preserva-la devandita zona de edificacións ou actuacións urbanísticas que impedisen esta modificación.

Zona de suspensión: franxa de 10 metros de largo (grafada en vermello nos planos que figuran no expediente), paralela a ámbalas dúas marxes da vía para sistemas xerais, grafados nos planos do PXOU vixente (Plano J02, follas F7, F8 e G8), e recoñecida como itinerarios vinculantes para os plans parciais correspondentes, con deseño indicativo en canto á traza destes e nos terreos de solo urbanizable non programado, correspondentes ós sectores IN-G e IN-H, polos que esta vía transcorre, ademais do tramo de solo urbano rexido pola ordenanza de zona 13 Industrial e Almacéns en contacto desta vía coa avenida Benigno Rivera.

Contra o acordo de suspensión do procedemento de outorgamento de licencias poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribu

nal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Lugo, 7 de abril de 2000.

Ángel Quiñoá Murado

Secretario

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1995)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado de Área