Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2000 Páx. 7.518

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO de información pública.

O Concello Pleno, na súa sesión ordinaria que tivo lugar o día 25 de abril de 2000, co quórum da maioría absoluta, aprobou inicialmente o expe

diente de modificación puntual do plan xeral de ordenación municipal, redactado polo arquitecto Javier Bugallo Thielen.

De conformidade co disposto no artigo 42.1 e da Lei 1/1997, exponse ó público polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que durante el os interesados poidan consulta-lo expediente nas oficinas da secretaría e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Conforme o disposto no artigo 34.1º, da Lei 1/1997 queda suspendido o outorgamento de licencias urbanísticas nas zonas afectadas e, en concreto, nas zonas de Avenida de Monserrat e vía de nova apertura coa avenida de Don Ramiro, fronte ó recinto ferial.

Lalín, 28 de abril de 2000.

José Crespo Iglesias

Alcalde-presidente