Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2000 Páx. 7.512

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a resolución do expediente sancionador Secretaría 201/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de

Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 de abril, e do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, con base no disposto nos artigos 114 e 115 da devandita Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, dispón do prazo dun mes para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

Expediente sancionador: Secretaría 201/1999.

Denunciado/a: Embutidos Juan Fernández, S.L.

DNI/CIF: B24237919.

Último enderezo coñecido: Xeneral Sanjurjo, 146. A Coruña.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: setenta e cinco mil pesetas.

A Coruña, 25 de febreiro de 2000.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña