Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2000 Páx. 7.507

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/88-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Avda. de Vigo, 40.

Situación: concello de Pontevedra.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, con conductor tipo R.H.V. de 0,070 km de lonxitude, desde a L.M.T. Pontevedra IV ata o novo C.T.C. na Avda. de Vigo 40. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T. subterránea de 0,052 km de lonxitude con conductor tipo R.V., con orixe no novo C.T.C. en Avda. de Vigo 40, no concello de Pontevedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 6 de abril de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra