Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. Illas Baleares, 3.
Situación: concello do Grove.
Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor tipo R.H.Z. de 0,212 km de lonxitude, desde o C.T. Pazo O Sineiro ata o apoio s/n da L.M.T. existente O Grove, unha vez que entre e saia do C.T. proxectado. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20.000/380-220 V, no concello do Grove.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 6 de abril de 2000.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra