Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2000 Páx. 7.501

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2000, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fai pública a data do sorteo para determina-la composición dos tribunais que deberán xulga-lo procedemento selectivo de ingreso así como a adquisición de novas especialidades, do corpo de mestres.

O punto 23 da Orde do 16 de marzo de 2000 (DOG do 22) pola que se convocaba procedemento selectivo de ingreso e adquisición de novas especialidades, ó corpo de mestres, establece que os tribunais que xulguen o concurso-oposición estarán integrados por catro vocais, designados por sorteo, entre funcionarios do corpo e especialidade correspondente.

Resultando necesario facer pública a data e a hora na que terá lugar o sorteo público, a Dirección Xeral de Persoal

RESOLVE:

Primeiro.-O sorteo para determina-los catro vocais e os seus suplentes correspondentes, que xulgarán o concurso-oposición ó corpo de mestres terá lugar entre funcionarios de carreira do corpo e da especialidade correspondente, en situación de servicio activo en centros dependentes desta consellería, con destino definitivo ou provisional na provincia na que se celebra o sorteo, o próximo día 12 de maio de 2000 ás 9 horas nos seguintes lugares:

-Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, rúa Salvador Madariaga, s/n (zona Monelos) A Coruña.

-Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Ronda da Muralla, 70-5ª planta (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia), Lugo.

-Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, rúa Concello, nº 13, Ourense.

-Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, rúa Montero Ríos, s/n, Pontevedra.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2000.

Jaime García García

Director xeral de Persoal