Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2000 Páx. 7.458

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 17 de abril de 2000 pola que se fixan os prezos de venda ó público de diversas publicacións da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Con

sellería de Economía e Facenda, e publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable pola Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería que se relacionan no anexo.

2. Este prezo, entenderase, se é o caso, con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2000.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo

ANEXO

Elisa Sighicelli:

Prezo (IVE incluído): 2.000 ptas.

Leiro:

Prezo (IVE incluído): 4.000 ptas.