Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2000 Páx. 7.447

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 28 de marzo de 2000, da Dependencia de Recadación de Oviedo, de notificación de providencia de constrinximento.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada polo artigo 28.4º da Lei 66/1997, do 30 de decembro, e tentada a notificación ó interesado ou ó seu representante por dúas veces, sen que fose posible levala a efecto por causas non imputables á Administración tributaria, ponse de manifesto, mediante o presente anuncio, que se encontran pendentes de notificar actos do procedemento de constrinximento dos debedores que se relacionan a seguir, sendo órgano responsable da tramitación dos citados actos a Dependencia de Recadación, Unidade Provincial de Recadación, Delegación da Axencia Tributaria de Oviedo, rúa 19 de xullo, nº 1 de Oviedo.

En virtude do anterior dispoño que os debedores indicados anteriormente ou os seus representantes debidamente acreditados deberán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no boletín oficial da comunidade, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas, na Dependencia de Recadación, Unidade Provinical de Recadación, Delegación da Axencia Tributaria de Oviedo, rúa 19 de xullo, nº 1 de Oviedo ou na delegación ou administración da Axencia Tributaria correspondente ó seu domicilio fiscal, para efectos de practica-las notificacións dos citados actos.

Así mesmo, advírteselles ós interesados que, de non compareceren no mencionado prazo, entenderase producida a notificación para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para compareceren.

Oviedo, 28 de marzo de 2000.

José María Menéndez Quintana

Xefe do Servicio de Recadación da Axencia Tributaria

Datos do contribuínte:

B33438755.

Transportes Álvarez Corrales S.

r/ Carcabina La, s/n, Soto Barco.

Concepto: sanción.

Descrición: Exp: 1998/DX-299.

Obx. Trib.: P. Ter. O.P.